XORNADAS BLANCO FREIJEIRO 2014
Obxectivos : -Recuperación e mantemento de tradicións culturais -Defensa do patrimonio etnografico e tradicional -Defensa dos valores ecolóxicos e tradicionais
xoves, 13 de novembro de 2014
venres, 12 de setembro de 2014
mércores, 10 de setembro de 2014
Imaxes das andainas feitas polo río Neibó-Loira enviadas por Rita
Ponte de Sanín
Muíño da Pradeira
Muíño de Souto da Rúanova
Cogumelo no Ollo da Moscosa
Pesqueira do muíño da Torre
Pesqueira do muíño de Maduro
Pesqueira do muíño do Buraco
Ponte de Sanín
Pesqueira do muíño da Curuxeira
Muíño da Torre moendo
luns, 18 de agosto de 2014
martes, 5 de agosto de 2014
RUTA POLO RÍO NEIBÓ-LOIRA
(1ª ANDAINA)
O Grupo Cultural RONSEL ten programado para este mes de
agosto dúas andainas polo río Neibó-Loira, o motivo é divulgar, dar a coñecer,
e poñer en valor uns lugares de inmenso contido etnográfico que permanecen
descoñecidos para a maioría dos veciños e para os visitantes que na época
estival elexiron esta zona para pasar as súas vacacións.
A conca do río Neibó-Loira conta con máis de cincuenta
muíños dende a parte máis alta do río, no lugar de Allaríz, ata a súa
desembocadura na praia de Loira, muíños de distintas tipoloxías e diversas
construcións condicionadas polo entorno onde están asentados. Non só hai
muíños, as igrexas do Campo e Santomé fálannos da historia milenaria desta
terra e o Almacén de Loira coas súas salgadeiras lembranos os primeiros albores
da pesca como industria, sen esquecer construcións senlleiras coma o pazo de
Cadro ou as casas Rectorais.
A primeira andaina terá lugar o día 13 de agosto con saída
ás 10,30 h dende a alameda de Seixo; estará adicada aos vinte muíños, a grande
maioría en estado ruinoso, que hai dende a praia de Loira ata a ponte de
Guimeráns, onde se rematará facendo unha muíñada no muíño da Torre, sempre que
o caudal de auga na presa que alimenta o lavadoiro público e o muíño sexa
suficiente para mover a moa. Recoméndase que os asistentes veñan con calzado
adecuado ao entorno húmido por onde vai discurrir a camiñata.
Na realización desta actividade colabora a Asociación de
Comerciantes de Seixo que axudará a promovela e divulgala entre as persoas
interesadas en descubrir lugares naturais dunha beleza singular, comparable coa
das praias e da costa, beleza tan distinta coma perto se atopan.
Seixo, 4 de agosto de
2014
luns, 16 de xuño de 2014
venres, 2 de maio de 2014
ANDAINAS 2014
As andainas programadas para esta primavera 2014 polo GC
RONSEL están pensadas para coñecer e disfrutar dos cumios dos nosos montes máis
inmediatos, apreciando dende o alto as rías que dan forma á península do
Morrazo, pasando polos lugares máis remotos do noso hábitat diario, lugares que
non fai moito tempo eran frecuentados polos carros de bois na percura do toxo
para estrar as cortes.
Cada recorrido está programado para 10-12 km ida e volta,
por camiños, carreiros e pistas con costas moi empinadas nalgúns casos, polo
que debemos levar un bon calzado.
Para favorecer facer
a andaina na mañá e poder xantar na casa, a primeira parte de cada andaina hai
que facela en coche, polo que haberá que porse de acordo na saída para levar os
menos coches posibeis.
| DATA | NOME DA AN-DAINA/ALTITUDE | ITINERARIO | LUGAR E HORA SAÍDA | DIFICULTADE/LONGO |
| 27 abril | Pereiro-Gagán, Corno Peneda (628 m) | Lavadoiro do Pereiro- Chan da Armada- Cumio de Gagán (Corno Peneda 628 m). | Casa da Cultura de Seixo ás 10:00 horas | Media/10 km |
| 4 maio | Cruz da Maceira- Faro de Domaio (628 m) | Cruz da Maceira- Río do Ladrón- Chan da Arquiña- Faro de Domaio. | Casa da Cultura de Seixo ás 10:00 horas | Media/10 km |
| 25 maio | San Xulián- Coto Redondo (531 m) | Igraxario de San Xulián- Rego de Casti-ñeiras- Chans de Castiñeiras- Mirador de Coto Redondo. | Casa da Cultura de Seixo ás 10:00 horas | Media/10 km |
| Ollo! Cambio da data prevista inicialmente, pasa ó día 15 xuño |
Pastoriza- Paralaia (428m)- Ermelo (414m) |
Pastoriza- San Lourenzo- Agudelo- Pa-rabúa- Cruz de Foxonabal- Outeiro de Paralaia- Cruz de Ermelo | Casa da Cultura de Seixo ás 10:00 horas | Media/12 km NOTA: Estáse mirando a posibilidade de quedar a xantar en Ermelo. Contactar co GC RONSEL para encargar o xantar. |
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)













