Augas de regar: parroquia de ARDÁN

Nesta parroquia atopamos nas presas de rego unhas pedras furadas chantadas de canto chamadas TORNOS; servían para distribuir a auga repartindo o caudal existente nese intre. (Os datos que aportamos nesta sección non están contrastados, podemos ter erros. As correccións que se poidan aportar serán benvidas)

Tornos no muíño de Bertoliño ou Fonfría. Os dous da esquerda surten auga para a zona do Igrexario; o da dereita deita auga para Cabodevila?

Repartidor, aberto por arriba, no Xuncal. Esta auga é collida por debaixo do muíño da Espedrada, no río das Gorgadas, e no lugar onde estaban os pozos de mazar o liño.

Antiguamente en lugar destes tubos había uns tornos. Lugar da Grela a dosucentos ou trescentos metros do anterior do Xuncal que alimenta a este.


Tornos tamén na Grela a seguir do anterior.

A seguir dos tornos anteriores e cruzando a estrada que sube ó Igreaxario, atopamos este torno que reparte a auga ata enrriba da fonte de Loira o da esquerda, cruzando a estrada Seixo-Bueu polos canos de Moledo. O da dereita leva a auga ata Casás e o Santo.