mércores, 20 de xullo de 2011



O Compañeiro Xan, recentemente falecido, vai ser homenaxeado. Nesta páxina principal, máis abaixo, podedes  miralo amenizando o entroido de Seixo, deste ano 2011, vestido de Autoridade. Tamén aparece en varios encontros de embarcacións tradicionais.
Estades invitados a este evento que esperamos sexa o máis concurrido posible.  

mércores, 13 de abril de 2011

mércores, 23 de marzo de 2011

Muíño de Maduro (Pedreiras)

Continuación do Roteiro dos muíños do río Neibó-Loira
Domingo 17 de abril Saída ás 10.00 h da Casa da Cultura de Seixo. (Prégase puntualidade) O G. C. RONSEL convidavos a participar nesta camiñata para disfrutar do río Neibó-Loira e visitar os 16 muíños que restan da camiñata anterior do domingo día 3, dende o muiño de Garrido do Campo ata Allariz en Santomé. Calculamos unha duración de 2 horas. NON É PRECISO INSCRIBIRSE Pesqueira muíño de D. Benito (O Campo)

luns, 21 de febreiro de 2011

RONSEL INTEGRASE NA F.G.C.M.F

Na reunión da xunta directiva, de xaneiro deste ano, acordouse solicitar o ingreso na Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, posto que levamos xa varios anos acudindo a diversos ENCONTROS DE EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS, e temos pensado organizar un encontro nos equí. Xa iremos informando