Praia de Aguete

Quen fixo estas figuras antropomorfas descubertas polo temporal destes días atrás?
(Imaxe tomada o 20-02-11)


Qué busca a toupeira?


Río?

Varada I

Varada II

Cabos, suben ou baixan?

Máis cabos

Ú-los cabos?

BASCULAMENTO DA PRAIA DE AGUETE
(RESUMO)

Copia dunha páxina do estudio realizado polo CEDEX no ano 1998 para calibrar os efcetos da construcción do porto de Aguete no ano 1994 sobre a praia e valorar unha nova ampliación.


O vaciado da parte norleste da praia apréciase nas fotos seguintes.


Postal do ano 1970

Foto recén. As elipses pequenas corresponden ás pedras que aparecen ó pe da postal, a máis grande corresponde coas pedras onde sentan os rapaces da esquina.


Postal anos 70

Foto actúal

Postal anos 70

Foto actúal.
Comparar as liñas verticais destas dúas imaxes.

As consecuencias do trasvase de area míranse con craridade nas imaxes seguintes


A area arrastada para esta zona non só afecta á praia e á parte visible do muelle; tamén afectou á área de fondeo das embarcacións que perdeu moito calado, polo que cando hai marea baixa e mar de fondo o mar reventa con forza contra os barcos. Nunha ocasión chegou a levar máis de 20 barcos á praia nun só día.

Estas tres imaxens dánnos unha idea do que acontece no lado da praia onde falta a area. Na foto do ano 1954 pódese apreciar que o mar nunca chegara á laxe onde están as tres persoas, na actualidade e con mareas vivas pode chegar a descalzar a freixada.

1 comentario:

  1. A praia de Aguete xa non é o que era,eu dende moi pequena sempre fun a esta praia,pero dende que fixeron as obras de ampliación a praia foi perdendo area na zona de contra Marín e gañandoa na zona do porto.Agora cando son as mareas de lua non queda praia e cada ano vai a máis. É unha pena.

    ResponderEliminar