Os muíños do río Neibó-Loira, Marín, en google maps.
Muíño da Conexa (55, número asiganado no catálogo que fixo RONSEL)
Inferno do muíño coa marea chea.
Este muíño difícilmente podería moer na pleamar, sobre todo de mareas vivas, o rodicio quedaría asolagado.
Muíño de Clemente (52)
Ubicado na estrada de Loira era un vertedoiro de lixo no ano 2003 cando se tomou a imaxe.
Muíño de Garrido, Vex (42), imaxe tomada no 2003
Apréciase un oco na parede que seguramente foi o motivo polo que se derrubou, como se aprecia na seguinte imaxe.
Muíño de Garrido, Vex, imaxe tomada no 2018
As dúas primeiras imaxes mostran o muíño de Fixón (39) restaurado polo G. C. RONSEL no ano 1994-5, e a pontella que unía as dúas beiras do río; os Abelendos na Torre e as Caballeras en Seixo. A terceira imaxe mostra o muíño vandalizado e a pontella desaparecida por mor dunha enxurrada de inverno no ano 2006.
Muíño da Torre moendo
Muíño da Ramallosa (33) ano 2006
Muíño de Maduro antes de restauralo
Pasais no gorgoso do muíño de D. Benito
Muíño da ponte do Campo (26)
Intento de restauración por parte dun herdeiro que acabou en fracaso. Ano 2008
Arranque da presa para os muíños da Pradeira, de Mercadel e da ponte do Campo
Gorgoso do muíño da Cova (22)
Ano 1993-4
"Gorgoso actual" (desaparecido) do muíño da Cova
Ano 2009
Levada ou presa do muíño da Cova
Cubos dos muíños de río de Marín
Muíño do Valado. San Xulián
Muinho do Crego. Ardán
Muíño da Presa. San Xulián
Muíño da Ramallosa. A Torre, Santomé
Muinho da Curxideura. Seixo
Muíño da Ouriçeira. Esperela, Santomé
Muíño de Peón, fondo do cubo e sateira.
Muíño do Buraco. As Pedreiras, O Campo
Muíño do Sancristán San Xulián.
Muíño do Sancristán, San Xulián.
Non son muíños, pero non nos resistimos a mostralo, estas imaxes fixéronse ao pe do muíño da Presa en san Xulián.
Expectante do que facíamos non nos quitou ollo; millóns de anos antes de chegarmos nós, ela, el? xa coidaba da contorna.
Muíño da Presa, San Xulián.
Ollo da mo, detalle.
Muíño de Xepe, O Campo. Fiestra
Muíño da Ouriceira,Santomé.Detalle de encaixe das pedras superiores do cubo.
Muíño da Cova, O Campo.
Interior de muíño abandonado
Inferno de muíño abandonado
Muíño de Xandeira, Os Avelendos.
Muíño de Xandeira xa esbrozado para poder medilo.
Inferno, Rodicio, Arrieiro, Sateira, Trancón, Caixonada, ...
Muíño de Candóns II
M. do Lenco darriba
M. da Torre
M. da Pasaxe
M. da Torre. Caravillo
M. da Torre
























Enorabóa po lo traballo de poñer en coñecemento pùblico estes muiños que eu, al menos, descoñecía. ¿Sabédes si hay algunha documentación sobre as datas de cando se fixeron, quen os fixo, etc? Como itinerario cultural e ecolóxico paréceme que e moi interesante para o patrimonio cultural de Marín.
ResponderEliminarErasmo
Contestación a ERASMO:
ResponderEliminarEstamos traballando na búsqueda de información. As datas dalgún deles figuran nos dinteles, pero son poucos os que as teñen. Hainos do 1790, 18xx.
Seguramente os dous muíños do pazo de Cadro e o da rectoral de Ardán teñen a documentación fácil de conseguir.
O do itinerario xa se intentou máis dunha vez, de feito dous muíños foron rehabilitados a través da Mancomunidade do Morrazo con fondos europeos, o do Valado, que se puxo en funcionamento con todas as pezas novas e reparación de paredes e tellado, e outro foi o da Curxideira, perto do grupo escolar de Seixo, que só se lle amañou o tellado e as paredes. Estaban ligados á rota de sendeirismo do Morrazo, coido que neste momento esmorecida.
Un saúdo
Gustaríame visitar estes muíños.
ResponderEliminarNon poderiades indicar en google maps con precisión o lugar en que se atopan?
Contestación a Xosé Couñago (2 setb 2011):
ResponderEliminarMentras non o indiquemos en google maps podes facer o seguinte: Na páxina principal deste blog, vas á entrada do 23 de marzo 2011 e pinchas en 3 comentarios, a continuación no comentario do 18 de abril 2011 na primeira e segunda parte tes información que che pode ser útil para o que buscas. Trátase como poderás apreciar de muíños só do río Neibó-Loira.
Un saúdo de G. C. RONSEL