mércores, 28 de novembro de 2012

martes, 19 de xuño de 2012


O G.C. RONSEL convídavos a asistir a este acto. 

sábado, 2 de xuño de 2012



O sábado 5 de maio asistimos a " I Volta a Tambo " organizada polo R.C.M. de Aguete, A.P Chirleu de Aguete e G.C. Ronsel, onde participaron embarcacións tradicionais e barcos de época. Foi unha xornada completa, pois houbo unha conferencia a cargo de Víctor Fernández, presidente da FGCMF " O patrimonio marítimo e fluvial de Galicia.¿Por que conservalo ?, exposicións de barcos en terra, no mar e un concurso de fotografia. Pola tarde foi a navegación saimos do peirao de Aguete ás 16:00h. e despois a chegada, nas instalacións do R.C.M fixose a entrega de trofeos e compartimos uns petiscos e un viño e deuse remata a xornada.

sábado, 19 de maio de 2012

Ruta polos muíños do río Neibó-Loira


O próximo domingo, 27 de maio, RONSEL
programa unha camiñata polo río Neibó-Loira

A saída será ás 10 da mañán da casa da Cultuta de Seixo


martes, 10 de abril de 2012

OBRADOIRO DE MAIOS 2012


Ler detalles na páxina Maios

mércores, 21 de marzo de 2012

CAMIÑATAS 2012

RUTA DA COSTA

O domingo 15 de abril iniciamos as camiñatas deste ano.
Saída da casa da Cultura de Seixo ás 10 da mañán.
O recorrido será: Casa da Cultura, camiño de Aguete, camiño Real, Fonte do Loureiro (Boguín), praia de Aguete, Loira, Sobareiro, Teoira, O Santo, Coviña, Lapamán, fonte de Resille e volta por Moledo ata a casa da Cultura.
Duración aproximada de 4 horas.


domingo, 19 de febreiro de 2012

HOMENAXE Á CHIRICA
no ENTROIDO 2012 de SEIXO

SÁBADO 25 DE FEBREIRO
SAÍDA ÁS 5 DA TARDE DENDE O SAN BLAS
REMATE NA ALAMEDA DE SEIXO
CON FESTA E CONCURSO DE FILLOAS
E ORELLAS