Aguete: Praia, versus?
porto
Aos catro anos de estar rematadas as obras do actúal porto
de Aguete, ano 1998, bascularan cen mil metros cúbicos de area á rada do porto.
Podemos resumir a situación decindo que estropeouse a praia e non se consegueu
un porto de abrigo.
Para buscarlle solución ao abrigo do porto, Portos de
Galicia no ano 2001 prantexa a proposta de
“Prolongación do dique de abrigo
de Aguete”, remitíndolle ao Concello en febreiro do 2002 o estudio de
efectos ambientais desta prolongación para a súa exposición pública. Vou a
tratar de resumir e resaltar aspectos que considero importantes.
No documento “EVALUACIÓN
DE FECTOS AMBIENTAIS DA PROLONGACIÓN DO DIQUE DE ABRIGO DE AGUETE”, podemos
ler o seguinte:
“1.- ANTECEDENTES
A principios da décado
dos 90 proxectouse un dique de protección de 150 m coa fin de configurar un novo
refuxio pesqueiro e deportivo na zona. A obra completóuse coa instalación dun
dique boiante de formigón de 150 m de lonxitude, que se situaba perpendicular
no extremo do dique en dirección este, dando protección aos pantaláns boiantes.
Para esta obra contóuse con estudos de clima marítimo, dinámica de litoral e
unha previsión da evolución da liña da praia.
O incremento da
demanda e as condicións de axitación que sufren os pantaláns durante o inverno
xeran certas dificultades de uso destas instalacións, polo cal prantexouse a
necesidade dunha nova ampliación do dique, que redimensione o número de prazas
de amarre, dote de maior seguridade aos barcos amarrados nos pantaláns en
calquera época do ano e contribuia ó reordeamneto da frota que hoxe en día
fondean con certa anarquía na zona.
5.2.1.- Efectos ambientais derivados da construción do dique:
SOBRE AS MODIFICACIÓNS
NA PRAIA
Criterios de
valoración
O efecto que a nova
ampliación terá sobre a praia será o de basculamento máis ou menos intenso en
función da lonxitude que se lle pretenda dar ó dique. A variación da liña de
praia é motivada por unha tendencia á acumulación de areas na marxe suroeste e
un proceso de erosión cada vez maior a medida que se aproxima á Punta Mendoza (Picoto,
Pociña).
Unha ampliación de 150
m do dique do porto ocasiona unha redistribución da praia de 17.800 m2,
gañandose estes perto do porto a custe da erosión da mesma superficie na metade
da praia e na contorna de Punta Mendoza.
…o pronóstico
aconsella a realización de obras de protección da praia mediante espigóns
perpendiculares á mesma capaces de evitar os procesos erosivos.
Avaliación:
Amplitude: a área de
afección abarcará a totalidade da praia de Aguete, dende a base do porto ate Punta Mendoza.
Reversibilidade: considerase un efecto ambiental escasamente
reversible, non recuperando a praia as condicións naturais unha vez acabada a
obra.”
No documento “ESTUDIO DINÁMICA DO LITORAL POLA
PROLONGACIÓN DO DIQUE DE ABRIGO DO PORTO DE AGUETE”, apartado Características e equilibrio actúal da
praia de Aguete, di: …”A praia de
Aguete atópase encaixada entre o porto deportivo e a Punta de San Blas; a
unidade parece encontrarse próxima ó seu equilibrio en planta, equilibrio
adoptado despois da última ampliación do porto levada a cabo en 1994.
Como consecuencia
desta ampliación houbo un basculamento xeral da praia cara o oeste, o que
causou o descenso de calados na dársena deportiva e o recheo do extremo oeste
da praia. …Os cálculos de transporte realizados indican que ainda pode haber
basculamento remanente da unidade como consecuencia desta ampliación do dique
de defensa”.
No apartado Alternativas
de ampliación, di: …Estudiáronse tres
alternativas diferentes para a ampliación do porto deportivo de Aguete, basadas
todas elas na prolongación cara o norte do seu dique exterior:
·
Alternativa
1 – Prolongación de 150 m do dique actúal cara o norte.
·
Alternativa
2 – Prolongación de 100 m do dique actúal cara o norte.
·
Alternativa
3 – Prolongación de 100 m do dique actúal cara o norte e dique martelo de 60 m
a unha distancia de 50 m do novo morro.
No apartado Impacto
da ampliación sobre a praia de Aguete, di: …A ampliación do porto de Aguete producirá un impacto elevado sobre a
súa praia, propiciando o seu basculamento cara a dársena deportiva e a erosión
do seu extremo este…Máis da metade do basculamento total da praia tería lugar
no período de 5 anos…
No apartado Medidas
correctoras e recomendacións, di: …Recoméndase
proceder á estabilización da praia de Aguete mediante un único espigón central,
situado na zona de rochas, de xeito que se reduza o impacto visual desta medida
correctora.
Como se pode concluir do anterior a mellora do abrigo do
porto que se pretendía, sería a puntilla toureira que levaría a praia de Aguete
do seu estado agónico á súa morte definitiva. Creo lembrar que o rexeitamento
que sufreu este proxecto por mor do impacto sobre a praia foi absoluto, non
volvéndose a falar máis da ampliación do porto de Aguete nunha longa tempada.
Ainda asi, houbo proxectos ou estudios que non chegaron á exposición pública
oficial pero que foron presentados a entidades da zona en reunións nas que o G.
C. RONSEL foi vetado, non podendo opinar máis que por referencias dos media,
onde se decía que non eran aceptados porque o impacto sobre o areal era
irreversible.
Estes días hai de novo ruído bastante intenso pedindo máis
abrigo no porto de Aguete. O G.C. RONSEL manifesta unha vez máis que é a praia
de Aguete a que está ferida de morte; é a praia de Aguete a que precisa dun
serio estudo para a súa recuperación, para que a area que basculou, e
posiblemente siga basculando, cara a dársena do porto retorne ao seu sitio, co
que se conseguería que o porto gañase calado e como consecuencia gañase
seguridade contra o mar de fondo, e a praia volvería a ser o vizosa que foi.
O G.C. RONSEL demanda dos organismos competentes e oficiais
que se faga unha analise rigurosa do proxecto que deu orixen ao actúal porto
para poder determinar onde fallou, ónde están os erros dese proxecto que
provocaron a desfeita da praia. Hai que poñer de manifesto que en dous
apartados dese proxecto xustificábanse as opcións de deseño elexidas para que a
obra non danara a praia. Desafortunadamente non foi así, polo que sen sabermos
o que se fixo mal é imposible poñer remedio a nada.
Seixo, Marín, a 30 de agosto
de 2013
Polo G.C. RONSEL: Antón
Pousada Pazos. Presidente
NOTA: Na páxina deste blog “Praia de Aguete” apartado Basculamento da praia de Aguete, podes
visualizar mellor a problemática descrita.