Xª SEMANA DO MAR. SEIXO
Obxectivos : -Recuperación e mantemento de tradicións culturais -Defensa do patrimonio etnografico e tradicional -Defensa dos valores ecolóxicos e tradicionais
mércores, 3 de decembro de 2014
venres, 21 de novembro de 2014
xoves, 13 de novembro de 2014
venres, 12 de setembro de 2014
mércores, 10 de setembro de 2014
Imaxes das andainas feitas polo río Neibó-Loira enviadas por Rita
Ponte de Sanín
Muíño da Pradeira
Muíño de Souto da Rúanova
Cogumelo no Ollo da Moscosa
Pesqueira do muíño da Torre
Pesqueira do muíño de Maduro
Pesqueira do muíño do Buraco
Ponte de Sanín
Pesqueira do muíño da Curuxeira
Muíño da Torre moendo
luns, 18 de agosto de 2014
martes, 5 de agosto de 2014
RUTA POLO RÍO NEIBÓ-LOIRA
(1ª ANDAINA)
O Grupo Cultural RONSEL ten programado para este mes de
agosto dúas andainas polo río Neibó-Loira, o motivo é divulgar, dar a coñecer,
e poñer en valor uns lugares de inmenso contido etnográfico que permanecen
descoñecidos para a maioría dos veciños e para os visitantes que na época
estival elexiron esta zona para pasar as súas vacacións.
A conca do río Neibó-Loira conta con máis de cincuenta
muíños dende a parte máis alta do río, no lugar de Allaríz, ata a súa
desembocadura na praia de Loira, muíños de distintas tipoloxías e diversas
construcións condicionadas polo entorno onde están asentados. Non só hai
muíños, as igrexas do Campo e Santomé fálannos da historia milenaria desta
terra e o Almacén de Loira coas súas salgadeiras lembranos os primeiros albores
da pesca como industria, sen esquecer construcións senlleiras coma o pazo de
Cadro ou as casas Rectorais.
A primeira andaina terá lugar o día 13 de agosto con saída
ás 10,30 h dende a alameda de Seixo; estará adicada aos vinte muíños, a grande
maioría en estado ruinoso, que hai dende a praia de Loira ata a ponte de
Guimeráns, onde se rematará facendo unha muíñada no muíño da Torre, sempre que
o caudal de auga na presa que alimenta o lavadoiro público e o muíño sexa
suficiente para mover a moa. Recoméndase que os asistentes veñan con calzado
adecuado ao entorno húmido por onde vai discurrir a camiñata.
Na realización desta actividade colabora a Asociación de
Comerciantes de Seixo que axudará a promovela e divulgala entre as persoas
interesadas en descubrir lugares naturais dunha beleza singular, comparable coa
das praias e da costa, beleza tan distinta coma perto se atopan.
Seixo, 4 de agosto de
2014
luns, 16 de xuño de 2014
venres, 2 de maio de 2014
ANDAINAS 2014
As andainas programadas para esta primavera 2014 polo GC
RONSEL están pensadas para coñecer e disfrutar dos cumios dos nosos montes máis
inmediatos, apreciando dende o alto as rías que dan forma á península do
Morrazo, pasando polos lugares máis remotos do noso hábitat diario, lugares que
non fai moito tempo eran frecuentados polos carros de bois na percura do toxo
para estrar as cortes.
Cada recorrido está programado para 10-12 km ida e volta,
por camiños, carreiros e pistas con costas moi empinadas nalgúns casos, polo
que debemos levar un bon calzado.
Para favorecer facer
a andaina na mañá e poder xantar na casa, a primeira parte de cada andaina hai
que facela en coche, polo que haberá que porse de acordo na saída para levar os
menos coches posibeis.
DATA | NOME DA AN-DAINA/ALTITUDE | ITINERARIO | LUGAR E HORA SAÍDA | DIFICULTADE/LONGO |
27 abril | Pereiro-Gagán, Corno Peneda (628 m) | Lavadoiro do Pereiro- Chan da Armada- Cumio de Gagán (Corno Peneda 628 m). | Casa da Cultura de Seixo ás 10:00 horas | Media/10 km |
4 maio | Cruz da Maceira- Faro de Domaio (628 m) | Cruz da Maceira- Río do Ladrón- Chan da Arquiña- Faro de Domaio. | Casa da Cultura de Seixo ás 10:00 horas | Media/10 km |
25 maio | San Xulián- Coto Redondo (531 m) | Igraxario de San Xulián- Rego de Casti-ñeiras- Chans de Castiñeiras- Mirador de Coto Redondo. | Casa da Cultura de Seixo ás 10:00 horas | Media/10 km |
Ollo! Cambio da data prevista inicialmente, pasa ó día 15 xuño |
Pastoriza- Paralaia (428m)- Ermelo (414m) |
Pastoriza- San Lourenzo- Agudelo- Pa-rabúa- Cruz de Foxonabal- Outeiro de Paralaia- Cruz de Ermelo | Casa da Cultura de Seixo ás 10:00 horas | Media/12 km NOTA: Estáse mirando a posibilidade de quedar a xantar en Ermelo. Contactar co GC RONSEL para encargar o xantar. |
venres, 31 de xaneiro de 2014
NA DEFENSA DA PRAIA DE AGUETE
O texto que estamos pasando para asinar é o que sigue a continuación.
Na páxina deste blog "Praia de Aguete" tés máis información.
A praia de Aguete é un dos atractivos naturais máis preciados que
temos na zona de O Campo, Santomé e Seixo, boa proba disto son os miles de
persoas que durante a tempada do verán acuden a disfrutar dos seus encantos,
xerando importantes ingresos no sector turístico do noso Concello. A
construción do novo porto a principios dos anos noventa do pasado século
pensouse que podía reforzar este atractivo, pero desafortunadamente non foi
asi; o proxecto que deu orixe ao actual porto trouxo como consecuencia un
basculamento da area da praia cara a rada do porto, dando lugar a un doble
efecto negativo: a destrución da praia e a inseguridade do porto por perda de
calado. Catro anos despois de rematar as obras do porto xa bascularan cen mil
metros cúbicos de area, e todos os estudos que se fixeron para aumentar a
seguridade do porto indicaban que o impacto da ampliación do porto sobre a
praia sería elevado, propiciando o seu basculamento cara a darsena deportiva e
a erosión do extremo este; máis da metade do basculamento total da praia tería
lugar en 5 anos (Documento “ESTUDIO
DINÁMICA DO LITORAL POLA PROLONGACIÓN DO DIQUE DE ABRIGO DO PORTO DE AGUETE”).
É importante reseñar que en dous apartados do proxecto do actual porto,
decíase explicitamente que as obras non terían incidencia sobre a estabilidade
da praia porque o porto ía asentado sobre unha restinga natural e o pantalán de
abrigo era flotante. A día de hoxe podemos decir que algo fallou nese proxecto,
pois cada ano a praia ten menos area e nos temporais de inverno as ondas, que
antano eran neutralizadas por esa area, agora descargan a súa enerxía máis
arriba rebentando todo o que se lle pon por diante, polo que acabarán por
derrubar a freixada ou valo que sustenta o monte e as fincas como xa está
acontecendo en puntos concretos da praia.
Á vista dos estudos feitos e dos efectos reais que se observan, as
persoas abaixo asinantes demandamos das autoridades competentes:
a)
Que
revisen o proxecto que deu lugar ao actual porto de Aguete e corrixan os fallos
que provocaron a desfeita da praia, para que de forma natural a area volva ao
seu lugar de orixe, mellorando deste xeito o calado do porto e a súa seguridade
e a propia praia.
b)
Que fagan as obras necesarias para esa
corrección non incrementando ou ampliando o porto por estar desaconsellado nos estudos xa feitos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)