Dúas fotos para apreciar a forza da natureza
Pontella de Sanín nos anos noventa, xa se aprecia o deterioro do estribo dereito
Pontella de Sanín en xaneiro do ano 2010, o estribo dereito foi arrasado e falta unha lousa dese van.
Pesqueira do muíño do Lenco, na ponte de Guimeráns. Río Loira. 04-01-09
Pesqueira muíño do Lenco, na ponte de Guimeráns. Río Loira. 16-01-10
Entre estas dúas imaxes hai un ano de diferencia e un inverno diferente. Estas enxurradas tan intensas acaban por destruir as obras que os nosos antergos fixeron ao longo dos nosos ríos.
Pesqueira do muíño da Cova, O Campo, en xaneiro do ano 1993
Pesqueira do muíño da Cova na actualidade
O que queda do arranque da presa do muíño da Cova a día de hoxe
Presa do muíño da Cova no ano 1993
Pesqueira a día de hoxe
Pesqueira dos muíños de Fora e da Veiga
Como decíamos ao principio estas imaxes son unha mostra da destrucción do noso patrimonio hídrico pola vía natural, pero onde a falla de prevención por parte da comunidade xoga un papel primordial.
A seguir veñen unhas imaxes tomadas entre os días 6 e 11 de xaneiro deste ano 2011
Ningún comentario:
Publicar un comentario