venres, 12 de setembro de 2014

Esta fin de semana, 13 e 14, haberá en Aguete unha xuntanza de barcos tradicionais.

 Gamela RULA
Galeón AVE de PASO

mércores, 10 de setembro de 2014

Imaxes das andainas feitas polo río Neibó-Loira enviadas por Rita
Ponte de Sanín
 Muíño da Pradeira
 Muíño de Souto da Rúanova
 Cogumelo no Ollo da Moscosa
 Pesqueira do muíño da Torre
 Pesqueira do muíño de Maduro
 Pesqueira do muíño do Buraco
 Ponte de Sanín
 Pesqueira do muíño da Curuxeira
Muíño da Torre moendo

luns, 18 de agosto de 2014

RUTA DOS MUÍÑOS RÍO NEIBÓ-LOIRA
(2ª Andaina: Ponte de Guimeráns-Ollo da Moscosa


Data: mércores 27 de agosto
Hora: ás 10:30 h
Lugar de saída: Casa da Cultura de Seixo

ORGANIZA:
COMERCIANTES DE SEIXO e G. C. RONSEL

martes, 5 de agosto de 2014


RUTA POLO RÍO NEIBÓ-LOIRA
(1ª ANDAINA)





O Grupo Cultural RONSEL ten programado para este mes de agosto dúas andainas polo río Neibó-Loira, o motivo é divulgar, dar a coñecer, e poñer en valor uns lugares de inmenso contido etnográfico que permanecen descoñecidos para a maioría dos veciños e para os visitantes que na época estival elexiron esta zona para pasar as súas vacacións.
A conca do río Neibó-Loira conta con máis de cincuenta muíños dende a parte máis alta do río, no lugar de Allaríz, ata a súa desembocadura na praia de Loira, muíños de distintas tipoloxías e diversas construcións condicionadas polo entorno onde están asentados. Non só hai muíños, as igrexas do Campo e Santomé fálannos da historia milenaria desta terra e o Almacén de Loira coas súas salgadeiras lembranos os primeiros albores da pesca como industria, sen esquecer construcións senlleiras coma o pazo de Cadro ou as casas Rectorais.
A primeira andaina terá lugar o día 13 de agosto con saída ás 10,30 h dende a alameda de Seixo; estará adicada aos vinte muíños, a grande maioría en estado ruinoso, que hai dende a praia de Loira ata a ponte de Guimeráns, onde se rematará facendo unha muíñada no muíño da Torre, sempre que o caudal de auga na presa que alimenta o lavadoiro público e o muíño sexa suficiente para mover a moa. Recoméndase que os asistentes veñan con calzado adecuado ao entorno húmido por onde vai discurrir a camiñata.
Na realización desta actividade colabora a Asociación de Comerciantes de Seixo que axudará a promovela e divulgala entre as persoas interesadas en descubrir lugares naturais dunha beleza singular, comparable coa das praias e da costa, beleza tan distinta coma perto se atopan.
Seixo, 4 de agosto de 2014

luns, 16 de xuño de 2014

HOMENAXE A XAN


venres, 2 de maio de 2014

 ANDAINAS 2014

As andainas programadas para esta primavera 2014 polo GC RONSEL están pensadas para coñecer e disfrutar dos cumios dos nosos montes máis inmediatos, apreciando dende o alto as rías que dan forma á península do Morrazo, pasando polos lugares máis remotos do noso hábitat diario, lugares que non fai moito tempo eran frecuentados polos carros de bois na percura do toxo para estrar as cortes.
Cada recorrido está programado para 10-12 km ida e volta, por camiños, carreiros e pistas con costas moi empinadas nalgúns casos, polo que debemos levar un bon calzado.
 Para favorecer facer a andaina na mañá e poder xantar na casa, a primeira parte de cada andaina hai que facela en coche, polo que haberá que porse de acordo na saída para levar os menos coches posibeis.

DATA NOME DA AN-DAINA/ALTITUDE ITINERARIO LUGAR E HORA SAÍDA DIFICULTADE/LONGO
27 abril Pereiro-Gagán, Corno Peneda (628 m) Lavadoiro do Pereiro- Chan da Armada- Cumio de Gagán (Corno Peneda 628 m). Casa da Cultura de Seixo ás 10:00 horas Media/10 km
4 maio Cruz da Maceira- Faro de Domaio (628 m) Cruz da Maceira- Río do Ladrón- Chan da Arquiña- Faro de Domaio. Casa da Cultura de Seixo ás 10:00 horas Media/10 km
25 maio San Xulián- Coto Redondo
(531 m)
Igraxario de San Xulián- Rego de Casti-ñeiras- Chans de Castiñeiras- Mirador de Coto Redondo. Casa da Cultura de Seixo ás 10:00 horas Media/10 km
Ollo!
Cambio da data prevista inicialmente,
pasa ó día
15 xuño
Pastoriza- 
Paralaia (428m)- Ermelo (414m)
Pastoriza- San Lourenzo- Agudelo- Pa-rabúa- Cruz de Foxonabal- Outeiro de Paralaia- Cruz de Ermelo Casa da Cultura de Seixo ás 10:00 horas Media/12 km

NOTA: Estáse mirando a posibilidade de quedar a xantar en Ermelo. Contactar co GC RONSEL para encargar o xantar.


mércores, 12 de febreiro de 2014

 PROPOSTA DO G.C. RONSEL PARA SOLUCIONAR O PROBLEMA DA AREA DA PRAIA DE AGUETE E O CALADO DO PORTO.