mércores, 23 de maio de 2018


ANDAINA POLA RUTA GAGO DE MENDOZA

Dentro da programación das Ciclomarchas Histórico-Artísticas, o Grupo Cultural "Ronsel" de Seixo-Marín, organiza para o vindeiro domingo 27 de maio, unha andaina pola ruta dos Gago de Mendoza, para todas aquelas persoas interesadas en coñecer os lugares por onde transcorreu a vida desta familia de fidalgos e corsarios.

A saída será ás 9:30 h. dende a Casa de Cultura de Seixo, e visitaranse, entre outras cousas, os pazos da Brea, de S.Brais e do Chirleu, residencias, todas elas, desta popular familia fidalga.

Será a 1ª vez que se faga esta RUTA GAGO DE MENDOZA.

Ningún comentario:

Publicar un comentario