Embarcacións tradicionais

Imaxes da II XUNTANZA de embarcacións tradicionais celebradas en Marín o 24 de setembro de 2011






Na decada dos 90 a cultura marítima tradicional estaba a piques de esmorecer e xa moi poucos a valoraban, entón xurdiron xentes de Bueu, O Grove, Ribeira, Cambados...que se puxeron a recuperar barcos tradicionais e a navegar con eles, para amosarnos unha cultura marítima ainda viva.

A paixón deses pioneiros polo mar e pola navegación fóronnola contaxiando ós que nos últimos tempos nos embarcamos na tarefa de socializar e poñer en valor todo o patrimonio material da costa galega.

Dentro do patrimonio marítimo debemos ter en conta así mesmo o patrimonio natural representado polo mar e a zona de beiramar (ecosistema mariño)que como soporte das actividades marítimas, hoxendía é prioritario protexer e recuperar.

Temos exemplos dabondo de paraxes de beiramar ameazados por recheos, portos deportivos ou paseo marítimos pouco ou nada respetuosos coa configuración arquitectonica propia dos pobos mariñeiros, co uso público do litoral, co entorno paisaxistico e sobre todo co medio mariño.



COMBARRO 2010

Choupán "Lilas" de Chirleu arribando a Combarro.(foto: Voz Galicia)

Tripulación da "Capitana" arribada a Combarro.

Galeón de Bueu izando velas.

Vista do pantalán de embarcacións tradicionais con parte da tripulación da "Capitana" aparellando o barco.

Lancha xeiteira dos Galos, Bueu.

Buceta de Abilleira, Muros, saíndo a remos da zona de atraque.

Bote auxiliar de madeira construído en Noruega no 1937.

MUROS 2009

Lilas. Probando velas

Botadura dunha buceta

Vista dos pantaláns de atraque I

Vista dos pantaláns de atraque II


Arrantxales

COMBARRO 2008
A Capitana rumbo a Combarro 08

A Capitana. Combarro 08


José Carlos. Niño abordo. (Aguete) 


Terceira e Lilas. Combarro 08


Terceira navegando en Combarro 08



1 comentario:

  1. Desolado por noite,desolado por o dia.
    Desolado co vento e co aire que con el vinha.
    No Outeiro grande soa forte,
    nunha manhan moi fria.
    O amigo enfrentouse a El sabedor que perdia.
    Foise a noite,foise o amigo,veu o dia.
    O mar........,o mar cando fala non avisa.

    Os companheiros de moitas travesias e patrons que me facilitades poder seguir navegando en ese mar cheo de colorido e horizontes incertos. london,abril do 2010

    ResponderEliminar